Os audiolibros, o consumo de contidos e Léocho?

Onde escoitar audiolibros en galego: as mellores opcións e o reprodutor que recomendamos

Boas, lecto-oínte!

Aterramos neste blog para achegarche información sobre o sector do audiolibro e as novidades de Léocho? Comezamos cun pouco de historia.

Actualmente xa estamos familiarizados con formatos de lectura como o ebook ou o audiolibro. Pero sabías que este último está preto de cumprir os 100 anos?

Aparece por primeira vez en 1932 grazas á American Foundation for the Blind (AFB), creado co fin de que a literatura fose accesible para persoas con discapacidade visual que non tiveran aprendido o braille. Podemos dicir que os primeiros audiolibros da Historia son Tifón de Joseph Conrad e por suposto, a Biblia.

Pero non foi ata a década dos 50, coa introdución da cinta magnética, cando o audiolibro colleu certa relevancia no mercado da literatura. Un pouco máis adiante, entre os anos 70 e 90, coa chegada dos casetes e CDs, comezan a utilizarse nas casas e nas bibliotecas.

A día de hoxe, coa sociedade occidental totalmente dixitalizada, o audiolibro é un formato que xa conseguiu o seu espazo. Milleiros de lecto-oíntes escoitamos libros a diario.

Dende esta editorial queremos invitarte a escoitar os títulos do noso catálogo e darlle un empurrón aos audiolibros en galego. Así que, escolle un libro e…

Léocho?

Entra na túa conta

Se aínda non tes conta,  rexístrate aquí.