Logotipo de Léocho? Audiolibros en galego

Que é Léocho?

Ola lecto-oínte, chámome Ramón, son xornalista e locutor, un namorado da literatura e das linguas, sobre todo da nosa, o galego. Neste proxecto tamén conto coa colaboración de Silvia —filóloga galega— que comparte comigo esta paixón.

Logo de camiñar por diferentes sendeiros laborais, sentimos que ningún deles enchía as nosas ganas de traballar pola lingua e a literatura do noso país. Despois dun tempo locutando audiolibros en castelán por conta allea, fomos conscientes dunha realidade que había que cambiar: non había audiolibros en galego.

Ademais, estes tempos revoltos de pandemia provocaron que a nosa casa fose o noso lugar de traballo. Decatámonos de que cun ordenador, unha tarxeta de son, un micro e dende un piso de Compostela, podiamos chegar a calquera casa de Galicia. En definitiva un proceso case artesanal e sen apenas inversión de ningún tipo. Despois dun tempo, da colaboración da familia, de amizades e de moito esforzo decidimos que era o momento de poñer a andar un proxecto que tivera a lingua galega como eixo.

A primeira editorial de audiolibros en lingua galega

Así que fundamos unha editorial, pero non unha máis, senón unha que fora dando pasos cara a modernidade destes tempos e poder achegarche os títulos máis representativos da nosa literatura.

Pois mans á obra! Creamos Léocho? A primeira editorial de audiolibros en lingua galega, onde podemos desenvolver todo o noso amor polos libros dende unha perspectiva dixital e moderna.

Esperamos que goces dos nosos audiolibros tanto ou máis que nós narrándoos e corrixíndoos! GRAZAS!

Lecto-oínte, non perdamos máis tempo, escolle un libro e…

Léocho?

A nosa editora nace para ti, que queres ler pero non atopas o momento axeitado...

Escolle e listo!

Entra na túa conta

Se aínda non tes conta,  rexístrate aquí.