Logotipo de Léocho? Audiolibros en galego

Goza, cando e onde queiras, da literatura galega

A nosa editora nace para ti, que queres ler pero non atopas o momento axeitado. Cos nosos audiolibros poderás facelo. Escolle e listo!

Os máis destacados

Como funciona Léocho?

Escóitao onde queiras

Sen horarios. Desde o ordenador da túa casa ou desde un móbil mentres viaxas polo mundo.

Audiolibro descargable

Un único arquivo en formato MP3, compatible para descargar en múltiples plataformas e dispositivos.

Gárdaos na túa conta

Crea unha conta de usuario en Léocho? e garda alí todos os teus audiolibros. É de balde e faise en menos dun minuto!

Os audiolibros en galego

A primeira editorial de audiolibros en lingua galega, onde podermos desenvolver todo o noso amor polos libros.

Unha mostra antes de mercar

Escoita unha mostra do audiolibro antes de mercalo. Así poderás comprobar se é o que estás a buscar.

Preocúpanos a seguridade

Merca o audiolibro cunha tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pagamento seguro.

Coñécenos un pouco máis

Toda obra literaria nace para ser lida. Antigamente, eran os xograres, contacontos ou as xentes das romerías e tabernas quen transmitían as historias, xa que a maioría da poboación non sabía ler. Hoxe, practicamente toda a sociedade sabe ler, o que non ten agora é o tempo para sentarse cun libro entre as mans. Nós somos os herdeiros destes xograres.

A nosa editora nace para ti, que queres ler pero non atopas o momento axeitado. Cos nosos audiolibros poderás facelo. Gozar, cando e onde queiras, de calquera libro do noso catálogo. Escolle e listo.

Léocho?

Entra na túa conta

Se aínda non tes conta,  rexístrate aquí.