A tecedeira de Bonaval

16,00 

Unha novela onde Santiago de Compostela e as loitas sociais do século XVI son o centro da obra. Coñecerás un Santiago antigo, diferente e cheo de referencias culturais e arquitectónicas que chegaron ata os nosos días, a través dunha historia de amor, un asasinato e o caos social dunha cidade en 1543.

Redescubrirás a Catedral, as prazas e rúas da zona vella e o barrio de Bonaval, que lle dá nome á obra, grazas ás exquisitas descricións dun namorado de Santiago como foi Antonio López Ferreiro.

Léocho?

Ficha do audiolibro

Escóitao onde queiras

Sen horarios. Desde o ordenador da túa casa ou desde un móbil mentres viaxas polo mundo.

Audiolibro descargable

Un único arquivo en formato MP3, compatible para descargar en múltiples plataformas e dispositivos.

Gárdaos na túa conta

Crea unha conta de usuario en Léocho? e garda alí todos os teus audiolibros. É de balde e faise en menos dun minuto!

Os audiolibros en galego

A primeira editorial de audiolibros en lingua galega, onde podermos desenvolver todo o noso amor polos libros.

Unha mostra antes de mercar

Escoita unha mostra do audiolibro antes de mercalo. Así poderás comprobar se é o que estás a buscar.

Preocúpanos a seguridade

Merca o audiolibro cunha tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pagamento seguro.

1 valoración en A tecedeira de Bonaval

  1. 5 out of 5

    Xeada (propietario verificado)

    O intérprete fixo máis ameno a escoita do audiolibro co cambio nas voces.
    O libro tamén me gustou. Foi interesante coñecer a Compostela desa época e ver como vivían as diferentes clases sociais, a través dos persoaxes.

Engadir unha valoración

Entra na túa conta

Se aínda non tes conta,  rexístrate aquí.